As empresas galegas buscan o seu oco na industria da seguridade e da defensa
Remata en Madrid Feindeef, a Feira Internacional de Defensa e Seguridade
Están presentes unhas trinta empresas galegas
Este mércores remata en Madrid Feindef, a Feira Internacional de Defensa e Seguridade. Faino nun momento marcado pola incerteza xeoestratéxica e cunha ampla representación de empresas galegas.
Falamos de tecnoloxía dual. Un proxecto que xorde, por exemplo, para o seguimento do atún e que acaba por ter un uso destinado á defensa. Non é o único caso. Centum, empresa viguesa, acaba de asinar un convenio con Airbus para integrar o seu sistema Lifeseeker nos avións C295 de vixilancia marítima.
Son varias as pemes galegas que tratan de orientar os seus produtos cara á industria de defensa e seguridade. Nese marco, a Consellería de Economía e Industria acaba de asinar un convenio coa Asociación de Empresas Tecnolóxicas de Defensa, Aeronáutica e Espazo para que colabore coas pemes galegas formándoas e axudándolles nas misións comerciais.
O 85 por cento da industria española de defensa depende das pemes, que agardan participar no incremento do gasto militar. As galegas esperan tamén que as grandes empresas, como Urovesa ou Navantia, actúen de tractor para o sector.