Publicador de contidos
Publicador de contidos

Seguirá chovendo toda a fin de semana

Seguirá chovendo toda a fin de semana

O tempo inestable, con episodios de auga e tamén de sol, é normal na primavera

Non se ve de forma clara a chegada do anticiclón, nin sequera para comezos da semana que vén

G24.gal 17/05/2024 14:03

Estamos na primavera e, malia as ganas de sol e de anticiclón, o tempo inestable é típico desta época do ano. Ana Celia Vázquez , de 'O tempo TVG', di que "a primavera ofrécenos variedade que inclúe episodios de calor e de anticiclón e episodios de chuvia de varios días como o que estamos vivindo e inclúe tamén temperaturas que, desta volta, si que están a ser máis baixas do normal".

Confirma tamén que "a chuvia vaia seguir varios días, ás portas dunha fin de semana para moitos longa polo festivo do Día das Letras, seguiremos con chuvia, mesmo o luns e non se ve clara a día de hoxe a chegada do anticiclón para comezos da semana que vén".

Polo tanto fai unha recomendación para todos os que estean en Galicia nesta ponte festiva, que "gocen do país, pero, iso, si, non esquezan o chuvasqueiro e o paraugas porque lles vai facer falta". Polas tardes haberá menos precipitacións, sobre todo nas provincias atlánticas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar