Publicador de contidos

Publicador de contidos

Seguir aprendendo sen importar a idade, a base do programa universitario para maiores

Seguir aprendendo sen importar a idade, a base do programa universitario para maiores

Falan de socializar, de aprender e de espertar a curiosidade

G24.gal 25/05/2022 21:25

Arredor dun cento de persoas maiores de 55 anos son alumnos do campus de Ourense. Asisten a clase tres días a semana. Trátase, din, de aprender, pero tamén de relacionarse, de coñecer xente nova e ter novas experiencias. A última, a de elaborar unha revista universitaria. 

Hoxe é o último día da clase "novas a maiores", a materia que imparte Ramón. O seu é un caso curioso porque de alumno neste programa pasou este ano a docente e agora dá clases aos seus compañeiros. Del foi a idea de facer unha revista entre todos.

"A xente entregouse dende o primeiro momento e captárono a primeira, e sorprendéronme moi gratamente cos traballos que me entregaron, o que fixen foi imprimilo nunha revista. Este foi o primeiro ano, a ver para o próximo que facemos".

Son tan só unha pequena parte do alumnado de maiores da universidade, veñen a clase cada semana de martes a xoves. Moitos dende hai anos. 

"Paseino moi ben e estou encantado, tanto é así que non me vou de aquí, vamos… xa non sei cantos anos levo, pero moitos. Acábanse as materias e algunhas hai que repetilas".

Falan de socializar, de aprender, de espertar a curiosidade. De unha oportunidade que non queren deixar pasar. 

"Cando foi o da pandemia quixen retornar pero deume un pouco de medo. Pero este ano dixen: non, hai que sacar o chándal e as zapatillas e lanzarse a ir a clase porque isto non pode ser. Matriculeime de dúas materias nun cuadrimestre e de dúas noutro e aquí estamos".

A pandemia afastounos inevitablemente das aulas durante un tempo, pero agora xa están de volta.

"A partir da pandemia o que se fixo foron as clases en liña, e este ano xa recuperamos todo. Estamos encantadas".

Hoxe comentan entre todos a revista, o seu último proxecto. Pero tamén o acto de graduación, ou a posibilidade de xuntarse o rematar a clase. Tempo hai dabondo, din, e mil maneiras de aproveitalo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade