Publicador de contidos
Publicador de contidos

Segue o tempo de verán e Ourense acada os 31 graos marcando a máxima de España

Segue o tempo de verán e Ourense acada os 31 graos marcando a máxima de España

En Boiro non quedaron atrás con 28 graos e na capital de Santiago chegaron aos 26

Este sábado continúa o bo tempo, aínda que polas mañás e polas noites hai un forte descenso das temperaturas

G24.gal 19/04/2024 21:46

Ata os peregrinos están descolocados, viñeron con abrigos e chuvasqueiros, pero non pensaron no traxe de baño. Quen ía contar con temperaturas de verán a mediados do mes de abril.

Ourense acadou os 31 graos marcando as temperaturas máximas de España. En Boiro non quedaron atrás con 28 graos pero a xente, nin con días solleiros, esquece a chuvia dos pasados meses.

Na capital de Galicia os termómetros marcaron ata 26 graos. Turistas, peregrinos e santiagueses están encantados. Despois dun inverno moi chuvioso, ninguén se resiste a sorrir con este bo tempo. 

Este sábado continúa a calor, pero non se esquezan das temperaturas mínimas, que seguen sendo as de abril: esta pasada noite en Ourense houbo 8 graos mentres que en Verín os termómetros marcaron 2,4 graos, a mínima de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade