Publicador de contidos
Publicador de contidos

Segue na UCI o xuvenil do C. D. Lugo agredido nunha zona de lecer nocturno

Segue na UCI o xuvenil do C. D. Lugo agredido nunha zona de lecer nocturno

A Policía Nacional comezou a tomarlles declaración ás testemuñas da agresión

O C. D. Lugo amosa o seu rotundo rexeitamento ao acontecido e solidarízase co xogador

Na UCI un mozo de 18 anos tras recibir un puñazo en plena rúa en Lugo

O C. D. Lugo condenou a agresión e solidarizouse co rapaz e coa súa familia
G24.gal 17/04/2023 14:04

A Policía Nacional investiga a agresión a un mozo de 18 anos na zona de copas do centro de Lugo. Trátase do futbolista Gonzalo Cuéllar, de 18 anos. O seu equipo, o Club Deportivo Lugo, amosaba nas redes o seu apoio ao mozo e á familia.

O delegado do Goberno en Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, confirmou que a Policía Nacional comezou a tomarlles declaración sobre os feitos ás testemuñas da agresión.

Cuéllar permanece na UCI do hospital Lucus Augusti recuperándose do forte golpe que sufriu na cabeza ao caer ao chan durante unha liorta. Na zona reclaman medidas para evitar que estes sucesos se repitan con tanta frecuencia.

O obxectivo, evitar que se repitan liortas como as que tiveron lugar nos últimos meses na contorna da catedral de Lugo. A declaración dos amigos do agredido, irmán do dianteiro do Lugo e da selección de Bolivia Jaume Cuéllar, pode ser vital para localizar o agresor. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade