Se faltas á cita, pagas
Cada vez son máis os negocios que deciden aplicar políticas de cancelación ante a ausencias non xustificadas dos clientes
Din que non se trata de castigar, pero si de facelos conscientes da necesidade de respectar o traballo e o tempo dos demais
Algúns negocios xa o advirten nas súas páxinas web: non presentarse a unha cita ten prezo. Trátase dunha medida que xa aplican, por exemplo, moitas clínicas de fisioterapia, psicoloxía nutrición ou estética.
Aída María Otero Pejito, é a responsable da clínica de fisioterapia Pejito, e recoñece que nos últimos tempos notaronb un aumento das ausencias non xustificadas, e por iso decidiron aplicar unha penalización: "para que a xente teña máis conciencia do que supón estar agardando por eles".
Todos procuran ser flexibles, comprensivos, nunca se penalizan ausencias con causas lóxicas, pero ás veces, con axendas completas vense obrigados a tomar medidas.
Daniel Novoa é psicólogo, e recoñece que lle custou decidirse: "aviso na primeira toma de contacto de que se cobran as sesións se non se avisa (da ausencia) con 24 horas de antelación. A primeira vez non o fago, todos podemos despistarnos, pero a segunda obrígome a cobrar por dignidade miña e da profesión".
Otero Pejito detalla que na clínica "depende o dervizo que tiña reservado o paciente. O que facemos é que na seguinte sesión se quere volver reservar ten que pagar ese 40% correspondente a esa ausencia".
Aseguran que se trata de facer conscientes os usuarios do que supón que non se presenten. "Da moita rabia porque nese tempo pensas que poderías atender outra persoa que está agardando a que teñas un oco", lamenta Novoa. Algúns profesionais mesmo xa cobran por adiantado como forma de comprometer a asistencia.