Publicador de contidos

Publicador de contidos

Saúl García, reforzo para o Rácing de Ferrol ao peche do mercado

Saúl García, reforzo para o Rácing de Ferrol ao peche do mercado

O lateral esquerdo militou en varios equipos como o Deportivo, o Tenerife, o Xirona ou o Mallorca

Foto Racing de Ferrol Foto Racing de Ferrol
G24.gal 01/09/2025 11:24 Última actualización 01/09/2025 11:28

O Rácing de Ferrol anunciou este luns, en vésperas do peche do mercado estival de fichaxes, a contratación de Saúl García, procedente do Racing de Santander e que se incorporará nesta mesma xornada aos adestramentos do cadro verde.

O club naval destaca que o futbolista, natural da localidade cántabra de Vioño de Piélagos e nado en 1994, atesoura unha "gran presenza sobre o campo e unha notable experiencia".

Nun comunicado, destacou que o lateral esquerdo despunta pola súa "amplitude de percorrido pola banda, así como pola súa capacidade para centrar desde distintas alturas", e resaltou a súa "experiencia en todas as categorías do fútbol nacional".

García, formado na base do Racing de Santander, ao que regresou fai tres tempadas, militou en varios equipos como o Deportivo, o Tenerife, o Xirona ou o Mallorca.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade