As alumnas afectadas, satisfeitas coa inhabilitación do profesor da Escola Pablo Picasso da Coruña
A avogada de 7 das 9 alumnas que denunciaron o profesor desta escola e que xa foi condenado por abusos sexuais pedían, con todo, unha pena maior
Os feitos polos que foi xulgado o profesor da Escola Pablo Picasso da Coruña aconteceron entre o 2019 e o 2021. Hai uns días ditouse a sentenza que o inhabita para exercer como docente durante 14 anos.
Amais, a sentenza condena o profesor a pagar multas por 44.000 euros e indemnizacións as mozas con cantidades que oscilan entre os 500 e os 2.000 euros, 8.000 euros en total.
A avogada de sete das nove vítimas di que están satisfeitas, malia que ela pedía, nalgún dos casos, penas de prisión.
Malia que a sentenza é recorrible, agora confían en que este caso anime outras vítimas a denunciar e que serva para que non se repita.