Cargando resultados...
Sarria, rúa dos Anticuarios: de tenda en tenda, de época en época
As anticuarias Carmen, Lola e Carmen Lina levan décadas dedicadas con paixón a este oficio
G24.gal
25/04/2022 17:04
Adentrarse no mundo das antigüidades implica vivir con paixón cada busca, cada achado.
Ben o saben en Sarria, onde hai unha rúa á que chaman dende hai décadas rúa dos Anticuarios. Contan que nela chegou haber oito tendas de anticuario. Hoxe quedan a metade.
Alí seguen as tendas de Carmen, Lola e Carmen Lina. Da man destas anticuaias percorremos a historia dunha rúa que contra os anos 60 colleu fama internacional no mundo dos obxectos antigos.
Pasear por alí é volver ao momento en que parou o reloxo e poñer en marcha a memoria. Ou, como din en Sarria, unha nova maneira de mirar e sentir épocas pasadas.