Sanxenxo podería chegar ao 80 % da súa ocupación esta Semana Santa
As reservas de última hora marcarán o ritmo de reservas nos días festivos
A Semana Santa deste ano permite recuperar o turista da península, incluído o chegado dende Portugal
Sanxenxo prepárase para unha Semana Santa diferente á do ano pasado. As reservas, que van a bo ritmo, poderían chegar ao 80 % da súa ocupación.
Un concello que tenta desestacionalizar o turismo con visitantes que non só buscan sol e praia. De feito, xa están a notar ese interese nas persoas que deciden aloxarse neste municipio fóra da época estival.
Confían en que este sexa o ano da recuperación e auguran bos datos tamén para o verán. O turista procede sobre todo do centro da península pero tamén recuperan o turismo portugués, que cada vez está máis presente neste municipio da comarca do Salnés.