Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sanxenxo pecha a piscina municipal e deixa de regar os campos de fútbol ante a seca

Sanxenxo pecha a piscina municipal e deixa de regar os campos de fútbol ante a seca

Estes recortes súmanse á restrición de auga nos lavapés da praia de Silgar

G24.gal 02/08/2022 21:32

Como un reforzo das medidas antiseca, o Concello de Sanxenxo vai pechar desde este mércores a piscina municipal e deixará de regar os campos de fútbol de Vilalonga e Portonovo, co que agarda aforrar 23.000 litros de auga diarios e evitar restricións nun futuro próximo.

Este concello turístico chega a sextuplicar a poboación nestas datas. As medidas que reforzan as xa tomadas nas praias, levantaranse en canto o caudal do río Lérez deixe de ser crítico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos