Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sanxenxo, ateigado pola ponte festiva

Sanxenxo, ateigado pola ponte festiva

A ocupación de hoteleira está ao 100 % e a afluencia de turistas podería bater marcas

A maioría dos visitantes son galegos, madrileños e portugueses

G24.gal 15/08/2022 14:59

Nin a néboa nin a inflación lograron restarlle visitantes a Sanxenxo nesta ponte da Asunción. Os hoteis e as vivendas turísticas colgaron o cartel de completo e as cifras de visitantes van camiño de bater marcas.

Dificil atopar hotel, aparcamento, amarre ou sitio nalgunha terraza. Hoxe en Sanxenxo tan só hai algo de oco nas praias por un tempo fresco que moitos agradecen. 

Neste 15 de xullo crúzanse as maletas dos que rematan as súas vacacións cos que as empezan. Un cambio de quincena no que o consorcio de hostaleiros prevé manter a ocupación por riba do 90 %, a maioría galegos, da meseta ou portugueses.

A nota negativa está no gasto, din no consorcio que os visitantes fan estancias máis curtas e consomen menos, pero do que non dubidan é de que Sanxenxo mantén o seu tirón como concello estrela do verán galego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar