Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sanxenxo: alugueiros a 5 euros metro cadrado, non a 15 como din portais de Internet

Sanxenxo: alugueiros a 5 euros metro cadrado, non a 15 como din portais de Internet

Os datos oficiais do Ministerio de Axenda Urbana e do IGVS sitúan Sanxenxo por baixo dos prezos dos alugueiros de Vigo e da Coruña

G24.gal 20/02/2024 14:38

Moitos propietarios en Sanxenxo alugan só por vacacións, porque en menos de tres meses poden facer máis de 6.000 euros coas rendas. Así que, neste concello de 17.000 habitantes vemos todos os invernos moitas persianas baixadas.

"Queremos vida, que haxa todo o ano xente nos bares, e como vai haber se non podes vivir aquí? É a pescada que morde a cola", lamenta unha veciña da vila.

Vivendas baleiras e pouca oferta de alugueiro. É a queixa común dos que viven e traballan aquí acotío. 

"Vivo aquí desde hai catro anos nun piso de alugueiro, que non é barato, quero cambiar e non atopo. 600-700 euros cun salario medio de 1.200 non podes chegar". "Eu pago 350, esta moi ben", comentan outras inquilinas. 

"Practicamente no centro, un piso de dous cuartos e dous cuartos de baño, con garaxe e rocho pago 500 euros ao mes" explica Mónica Franco, veciña de Sanxenxo. 

O seu caso estaría na media que indican as fontes oficiais. Nas inmobiliarias tamén desmenten que, como di un portal inmobiliario, os prezos sexan de 15 euros metros cadrado. Esther Freijeiro, que traballa nunha inmobiliaria, di que ese dato de 15 euros metro cadrado non é real. O real está en 5,40 euros o metro cadrado de media. 

Con eses datos oficiais, Sanxenxo ten os prezos de media 200 euros máis baratos que Vigo e A Coruña, e 100 euros ao mes máis baratos que a media de Santiago.

Son cifras do Ministerio e do Instituto Galego da Vivenda e o Solo onde explican que eles teñen datos de todos os contratos actualizados mes e a mes e que tras os que ofrecen algúns portais inmobiliarios pode haber intereses e distorsións estatísticas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade