Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Cristo Xacente desfila coa Virxe da Soidade no Santo Enterro de Viveiro

O Cristo Xacente desfila coa Virxe da Soidade no Santo Enterro de Viveiro

A procesión do Santo Enterro é  a máis solemne e maxestosa da Semana Santa de Viveiro

A Confraría do Rosario celebra a procesión do Santo Enterro en Santiago

G24.gal 15/04/2022 16:30

Unha das máis antigas e ilustres institucións que participan na Semana Santa Viveirense é a Ilustre e Venerable Confraría da nosa Señora do Rosario ou dos Nobres. A ela compete o organizar o secular acto do "Desencravo" ou "Descendemento", a solemne e tradicional procesión do "Santo Enterro", ambos na tarde do Venres Santo.

A procesión do Santo Enterro é quizais a máis solemne e maxestosa da Semana Santa de Viveiro. Está basea en relato evanxélico e constituíu, desde os comezos da Confraría, o principal motivo procesional.

Abriu a comitiva a Banda TAU, cos seus uniformes de casaca vermella e plumas, desfilando  ao son das súas cornetas, gaitas, tambores e timbales. Segue a monumental cruz parroquial de Santa María del Campo, obra na súa orixe do prateiro lucense Pedro Rodríguez Blanco do ano 1561 á que se lle realizaron multitude de restauracións.

Tras a cruz, a imaxe de "María Magdalena", obra do escultor valenciano José Tena (1908). Nesta talla o artista reflicte todo o abatemento e dor contida da muller que regresa do Calvario, tras o misterio da morte do Señor.

Tras os estandartes, a "Banda Naval" coas súas cornetas, tambores, timbales e gaitas marca o ritmo do desfile e precede á imaxe de "San Juan".

 A imaxe da Virxe da Soledad sobre trono decorado con flores e flanqueado por catro farois con tulipas, é obra do tamén artista compostelán don José Rivas. Esta imaxe da Virxe substituíu a outra articulada que se conserva nas dependencias da Confraría.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade