Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aldealista gaña a competición de emprendemento Impact Social Cup

Aldealista gaña a competición de emprendemento Impact Social Cup

Os promotores deste portal agardan que o galardón lles dea maior visibilidade e os conecte con investidores para poder seguir medrando

G24.gal 17/10/2025 12:34 Última actualización 17/10/2025 13:24

Aldealista é unha empresa galega, con sede na aldea de Castiñeiro, en San Xoán de Río, que pretende fixar poboación en zonas rurais. Este xoves gañou en Madrid a maior competición de emprendemento social que se celebra en España.

É coñecida como Superbowl do emprendemento e innovación social e da que está detrás outro galego, Tomás Garnelo. O seu obxectivo é impulsar e visibilizar os emprendedores que xeran impacto social e positivo.

Chegaron oito finalistas. Polo camiño quedaron máis de catrocentos proxectos. Eses finalistas tiñan que defender a súa idea fronte a un xurado e un Madrid Arena ateigado.

Proxectos sobre educación, sustentabilidade, sanidade ou desenvolvemento económico. Aldealista, o proxecto que naceu en San Xoán de Río, foi o gañador. Pretende conectar persoas con lugares esquecidos, conectar vivenda, emprego e oportunidades de vida para facer fronte á despoboación do rural.

O premio, 40.000 euros. Pero tamén a visibilidade e a conexión con investidores que permitan a Aldealista medrar e seguir revitalizando o mundo rural.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade