Publicador de contidos

Publicador de contidos

Santiago serve de escenario para a película 'Honeymoon'

Santiago serve de escenario para a película 'Honeymoon'

O filme, no que participa a Televisión de Galicia, xira arredor dun matrimonio en destrución tras a morte dun fillo

G24.gal 03/06/2022 21:43

Nunha gasolineira de Santiago atopamos o escenario para o último filme dirixido por Enrique Otero, Honeymoon, que conta con Javier Gutiérrez e Nathalie Poza como protagonistas.

A rodaxe arrancou a finais de abril en Santiago e finalizará en xuño en Valladolid. A historia xira en torno a un matrimonio en destrución, tras a morte do seu fillo durante unha viaxe aos Estados Unidos. Un filme en que participa tamén esta casa, a Televisión de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos