Publicador de contidos

Publicador de contidos

Santiago insta á creación da lei autonómica que regule o establecemento da taxa turística

Santiago insta á creación da lei autonómica que regule o establecemento da taxa turística

A hostalaría da cidade quere que se concrete a contía e que a recadación reverta en melloras para o sector

G24.gal 26/11/2021 15:01

A proposición aprobada esta semana no pleno do Concello de Santiago é unha declaración de intencións, unha petición á Administración autonómica para que regule a posta en marcha dun marco legal como o que xa existe en Cataluña ou as Baleares para gravar o turismo.

No texto aprobado polo Concello, que contou co voto a favor de PSdeG, CA e BNG, mentras que o PP abstívose, pídese que se teñan en conta as peculiaridades do turismo existente en Compostela, e ínstase tamén á dar conta desta petición aos grupos con representación na cámara autonómica. 

Hai opinións de todo tipo na rúa, tanto a favor como en contra, á epsera de que se concrete a proposta.

Desde o sector hostaleiro aínda non hai unha posición adoptada, á espera da xuntanza que terán a semana que vén cos representantes municipais para obter máis información.

O destino dos fondos e tamén a contía da taxa será, para a maioría dos consultados, a cuestión máis importante a determinar.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade