Publicador de contidos

Publicador de contidos

Santiago celebra o día grande das Festas do Apóstolo

Santiago celebra o día grande das Festas do Apóstolo

A comparsa dos cabezudos desfilou polas rúas compostelás, cheas de turistas e peregrinos

Fanse longas ringleiras para intentar entrar na catedral 

G24.gal 25/07/2025 14:29

Santiago espertou coa resaca dos Fogos, pero con ganas de recuperar o ritmo da festa. 

É o día grande e a cidade énchese de xente, de aquí e de fóra. Unha das citas do día é a comparsa dos cabezudos, unha tradición que se remonta ao século XIX e que segue a espertar o interese do público de todas as idades. O mesmo que a exposición dos xigantes, outra tradición que Emilio coñece ben porque leva máis de 40 anos participando.

"Supostamente serían os primeiros peregrinos en chegar a Santiago. Veñen representando os continentes e o alcalde e a alcaldesa"

Moitos turistas e peregrinos elixiron estas datas para facer coincidir a súa estadía en Santiago coas festas.

A Catedral acolleu a Ofrenda ao Apóstolo Santiago e a misa solemne. Os actos litúrxicos comezaron ás dez e media da mañá. Antes formouse unha longa ringleira de xente que quería entrar.

É un día de emocións para os peregrinos que acaban de chegar a Compostela. "O mellor día da miña vida", asegura unha peregrina.

Pola tarde, a música repártese en tres escenarios: en Galeras, na Quintana, na Alameda. A festa continúa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade