Santiago atrae turistas españois e europeos
Na primeira semana de abril chegaron a Compostela 3.300 peregrinos
A imaxe da praza máis visitada de Santiago contrasta estes días o incremento de peregrinos que rematan o Camiño a un ritmo case que igual ao de antes da pandemia. No primeiro trimestre deste ano entregáronse algo máis de 11.200 compostelas. Na primeira semana de abril chegaron 3.300 camiñantes.
"É a cuarta vez que fago o Camiño e fágoo non só porque é precioso o camiñar, senón que te atopas xente no Camiño que é marabillosa e todos veñen cun obxectivo e eu creo que todo o mundo vén coa mellor enerxía"
Levamos dez días facendo o Camiño en autobús dende Roncesvalles. Camiñantes e turistas conflúen na contorna da catedral de Santiago neste domingo de Ramos.
"É a primeira vez tamén en España, a verdade que moi fermoso. Estamos moi contentos de vir en Semana Santa, unha data especial e estámolo gozando moito"
E sen marchar da cidade moitos xa fan plans para volver noutra ocasión
"En canto poidamos, eu creo que non tardaremos nin medio ano pero andando porque a miña filla quere facelo e viremos"
O sector turístico confía nunha boa Semana Santa.