Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Santiago, ateigado de xente para celebrar a Ascensión dous anos despois
Peregrinos, tursitas e composteláns comparten esta xornada festiva
Recupéranse os espectáculos de rúa, concertos, e atraccións de feira
                            Marta González Salve
                        
                            26/05/2022 14:13
                        
                        
                        
                        
                    
                    Turistas, peregrinos e composteláns comparten hoxe o ambiente festivo que se vive en Santiago, onde as festas da Ascensión recuperan o seu protagonismo tras a pandemia.
Ambiente que se deixaba notar na ocupación das terrazas e tamen na contorna de Alameda, onde se concentran as atraccións de feira.
Unha xornada de festa que nesta ocasión ten o bo tempo como aliado para poder gozar de todo o programa de espectáculos polas rúas da cidade, concertos e tradicións como as verbenas.
Por diante 4 días de festa para resarcirse das que non se puideron desfrutar nos últimos dous anos.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
            
         
            
        