Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sanidade financiará vacinas da gripe ata os 5 anos e a universal do papiloma para nenos

Sanidade financiará vacinas da gripe ata os 5 anos e a universal do papiloma para nenos

A Comisión de Saúde Pública aprobou ampliar o calendario de vacinación infantil  na campaña 2023/2024

 Galicia xa se anticipou á vacinación universal do papiloma desde o pasado setembro

G24.gal 20/10/2022 16:42 Última actualización 20/10/2022 20:19

A Comisión de Saúde Pública aprobou ampliar o calendario de vacinación infantil para incluír a vacina da gripe entre os 6 meses e os 5 anos na campaña 2023/2024, así como a universal do virus do papiloma humano (VPH) para nenos a partir dos 10 anos o ano que vén.

Así o informou a directora xeneral de Saúde Pública do Principado de Asturias, Lidia Clara Rodríguez, tras a xuntanza cos seus compañeiros doutras comunidades e do Ministerio de Sanidade no marco da Comisión de Saúde celebrada este xoves. 

Vacina universal do papiloma

A recomendación pactada pola Comisión é administrar a vacina universal aos 12 anos para ambos sexos, aínda que Asturias adianta a idade ata os 10 anos, ao igual que fixera coas nenas.

De acordo co consensuado na Comisión, as comunidades deberán incluir a vacina universal antes de finais de 2024, pero xa hai varias comunidades que se anticparon. Galicia comenzou a inmunizar os seus nenos o pasado 15 de setembro, dúas semanas antes que a Comunidade Valenciana, que comezou o 1 de outubro.

Cataluña foi a primeira comunidade en anunciar, no mes de maio, que comezaría a financiala a partir deste curso tamén para os mozos, sen agardar ao criterio da ponencia nin da Comisión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade