Sánchez volve ás zonas afectadas polos temporais en Andalucía
O pasado venres sobrevoou a provincia de Cádiz e este luns visitará localidades de Granada e Xaén
A comunidade empeza a recuperar a normalidade ante a previsión de menos choivas nas vindeiras horas
Sánchez preside a Unidade de Valoración de Riscos. EFE/Pool Moncloa/Borja Puig de la Bellacasa
O presidente do Goberno volve este luns a Andalucía para visitar as zonas máis castigadas polos últimos temporais, concretamente nas provincias de Granada e Xaén.
Pedro Sánchez estivo o pasado venres na comunidade sobrevoando en helicóptero concellos da provincia de Cádiz afectados por Leonardo e visitando o posto de mando avanzado situado en San Roque.
Tres días despois, volverá a Andalucía para achegarse as localidades de Huétor Tájar (Granada) e Villanueva de la Reina (Xaén) que tamén sufriron os efectos da recente borrasca Marta.
Viaxará acompañado pola vicepresidenta primeira, María Jesús Montero, e polo delegado do Goberno en Andalucía, Pedro Fernández, segundo informa o Executivo.
Tras varias xornadas complicadas, Andalucía empeza a recuperar a normalidade, con clases presenciais en case toda a comunidade e moitas das 11.000 desaloxadas volvendo a casa ante a previsión de menos choivas nas vindeiras horas.