Publicador de contidos

Publicador de contidos

Andalucía e Estremadura vixían ríos e encoros tras a chegada da borrasca Marta

Andalucía e Estremadura vixían ríos e encoros tras a chegada da borrasca Marta

O novo temporal incide, como o anterior, sobre todo no suroeste da península

A acumulación de neve dificulta a circulación en trinta estradas secundarias

G24.gal 07/02/2026 20:38 Última actualización 07/02/2026 21:52

A nova borrasca que afecta España, con chuvia, vento, neve e ondas, incide, como a anterior, sobre todo no suroeste da península. Andalucía, nunha situación especialmente delicada, extrema a vixilancia de ríos e encoros.

"Temos todos os acuíferos, especialmente da zona occidental de Andalucía, absolutamente colmados. Temos todas as terras molladas e todos os ríos desa zona por riba da súa métrica de normalidade", resumía o presidente de Andalucía, Juanma Moreno.

Na tarde deste sábado desaloxaron un cento de persoas en San Martín del Tesorillo, en Cádiz, como medida preventiva. Súmanse ás preto de 11.000 persoas evacuadas ao paso da borrasca anterior, entre eles os veciños de Grazalema, que segue deserta mentres os expertos determinan a situación do subsolo. 

"A min onte dixéronme que isto ía para longo, que non ían ser unha semana ou dúas, que podía ser máis", dicía un dos evacuados de Grazalema. 

A auga corre tamén polas rúas doutras localidades, como Ubrique, onde os veciños de afanan por encauzalas para que non segan entrando nas casas.

"Todas as localidades veciñas estannos mandano o que fai máis falta, que é roupa impermeable e botas", contaba unha veciña de Ubrique. 

A vicepresidenta primeira do Goberno estivo na provincia de Sevilla coñecendo a situación.

"Hai máis de 10.000 funcionarios da administración xeral do Estado prestando auxilio nesta emerxencia e seguiremos poñendo todos os medios que se nos reclamen por parte da Xunta de Andalucía", indicaba María Jesús Montero.

Outra comunidade especialmente afectada polas precipitacións é Estremadura, onde a nova borrasca, Marta, tamén está facendo fincapé. No norte de Cáceres prognostícanse acumulados de 80 litros por metro cadrado en doce horas. 

A enchete dos ríos xa obrigara a evacuar das súas casas un milleiro de persoas os últimos días e agora Marta pon en preaviso de desaloxo novas poboacións.

Situación no resto da península

A situación tamén é complicada en Castela, en zonas de Madrid e nas Baleares. O Goberno de Castela e León mantén activados os plans de Protección Civil ante o risco de inundacións nas provincias en situación 1.

Tamén se reforzou a vixilancia en Zamora. Activouse o nivel 2, intensificando o seguimento de ríos e encoros, tras o aumento dos caudais.

A neve afecta a 30 estradas secundarias en toda a Península, complicando a circulación e deixando intransitables dez vías, a maioría en Castela e León.

Nesta situación, un condutor dunha máquina quitaneves, un home duns 40 anos, faleceu nunha saída de vía. O vehículo caeu uns 20 metros pola ladeira no Porto el Pico, en Ávila.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade