Publicador de contidos

Publicador de contidos

Marta castiga con máis choiva as zonas afectadas polo temporal anterior

Marta castiga con máis choiva as zonas afectadas polo temporal anterior

As localidades do sur da península son as que acumulan un maior número de avisos laranxa

O paso de Leonardo deixa unha persoa falecida e 11.000 desprazadas en Andalucía

G24.gal 07/02/2026 14:41 Última actualización 07/02/2026 15:50

A borrasca Marta vén complicar aínda máis a situación en Andalucía, onde o temporal que nos vai deixando, Leonardo, xa causou máis de 9.000 incidencias e obrigou a desaloxar arredor de 11.000 persoas.

Marta trae precipitacións constantes, en especial sobre as zonas máis castigadas. En Grazalema agárdanse 80 litros de auga por metro cadrado en doce horas. O mesmo en Ronda, en Aracena e na serra norte de Sevilla.

A comunidade andaluza ten 85 estradas cortadas e problemas de abastecemento de auga potable nas provincias de Málaga, Granada e Cádiz.

Preocupa a chuvia, pero tamén hai avisos polo mal estado do mar e polo vento, con refachos de ata 90 quilómetros por hora no interior e de 100, no Estreito.

O presidente andaluz pídelle ao Goberno central que active o fondo de continxencia e solicita tamén a axuda do fondo de solidariedade da Unión Europea para mitigar as perdas.

"Só no ámbito das infraestruturas autonómicas, só nas nosas estradas, o impacto das obras que se teñen que facer para volver a poñelas en marcha supera os 500 millóns de euros", explicaba o presidente Moreno.

Outra comunidade en aviso laranxa é Estremadura. Alí tamén se prognostican precipitacións abundantes nas zonas xa afectadas por acumulacións de auga e ríos en perigo de desbordamento.

O mapa de avisos toca tamén Castela, Madrid ou as Baleares. En Castela-A Mancha, por exemplo, emitiuse esta mañá unha mensaxe Es-Alert por risco de inundacións nas localidades bañadas polos ríos Bullaque e Guadiana, na provincia de Cidade Real.

"Agora mesmo a situación non é excesivamente preocupante pero pode variasr coa nova borrasca, que a poboación estea atenta que os servizos están para darlle a maior garantía de seguridade", puntualizaba o delegado do Goberno en Castela-A Mancha.

Este domingo aínda vai haber moitos avisos por mal tempo activados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade