Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan a morte dunha persoa no encoro de Castrelo en Ribadavia

Investigan a morte dunha persoa no encoro de Castrelo en Ribadavia

Segundo a Policía Local, podería levar varios días no lugar porque o corpo estaba inchado

Abriuse o protocolo médico forense para establecer as causas do falecemento

Imaxe do lugar onde apareceu o corpo Imaxe do lugar onde apareceu o corpo
G24.gal 08/02/2026 20:53 Última actualización 08/02/2026 21:42

A Garda Civil investiga a identidade dunha persoa que apareceu morta no encoro de Castrelo á altura de Ventosela, no concello de Ribadavia. Un grupo de xente que paseaba pola zona foi a que localizou o corpo.

Segundo informa a Policía Local, ocorreu sobre as 19:00 horas deste domingo nun espazo sen auga. Sospeitan que o cadáver levaba varios días no lugar porque estaba visiblemente inchado.

Ata alí desprazouse unha ambulancia do 061, o GES de Ribadavia e axentes da Garda Civil e da Policía Local. De acordo co 112, abriuse o protocolo médico forense para establecer as causas do falecemento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade