Starmer: "Antes ou despois Putin terá que sentar na mesa de negociación"
O primeiro ministro avoga por manter a máxima presión sobre Rusia nun encontro virtual con líderes aliados
Un dos posibles escenarios pasa pola despregadura dunha forza de paz da que Italia se desmarca; Macron prevé unha forza de paz de "algúns mileiros" de soldados por país e sen permiso ruso
Trump di que hai "moitas posibilidades" de poñer fin á guerra de Ucraína tras as conversas con Putin
Os mandos das Forzas Armadas dos países convocados polo Reino Unido este sábado para falar de Ucraína, entre os que figura España, reuniranse o vindeiro xoves en Londres para tratar de "acelerar" o traballo "práctico" con vistas a un posible acordo de paz.
"Agora, avanzaremos a unha fase operativa", anunciou o primeiro ministro británico, Keir Starmer.
Starmer convocou a denominada Coalición de Voluntarios, unha batería de países, principalmente europeos, comprometidos coa paz en Ucraína e que queren facer unha fronte común fronte ao vórtice diplomático desatado polo presidente dos Estados Unidos, Donald Trump.
Por parte española participou o presidente do Goberno, Pedro Sánchez. Tamén se sumaron o secretario xeral da OTAN, Mark Rutte e os presidentes da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, e do Consello da UE, António Costa. Tamén asistiu o líder ucraíno, Volodímir Zelenski.
Forza de paz sen Italia
Ao termo do encontro, Starmer compareceu ante os medios para dar conta dos resultados e anunciar a inminente reunión de mandos militares para "poñer en marcha plans contundentes" ante un potencial acordo de paz e a necesidade de "garantir a seguridade futura de Ucraína".
Un dos posibles escenarios pasa pola despregadura dunha forza de paz, hipótese exposta nas últimas semanas polo propio Starmer e o presidente de Francia, Emmanuel Macron, da que se desligou claramente este sábado a primeira ministra de Italia, Giorgia Meloni.
Macron, prevé que unha hipotética forza de paz en Ucraína estea integrada por "uns poucos miles de homes por país" e que non necesitará o visto e prace de Rusia. Precisa que o obxectivo "non é ter unha masa" de soldados, xa que Ucraína ten xa "o maior Exército europeo", con ao redor dun millón de militares mobilizados.
O plan diríxese máis a "despregar uns poucos miles de homes por país" participante, que se situarían "en puntos crave" de Ucraína, para realizar programas de adestramento" das forzas dese país, explica.
Ademais, ese continxente permitiría "mostrar o noso apoio a longo prazo" a Kiev, recalca o presidente francés.
A xuntanza celebrarase en Londres o vindeiro xoves. O xefe do Goberno británico evitou dar nada por pechado, pero sinalou que o Reino Unido quere desempeñar un papel central neste futuro continxente, que dependería en última instancia da firma dun acordo de paz.

Manter a presión sobre Rusia
En calquera caso, resaltou que é momento de pasar á acción, "non de palabras baleiras e condicións", ante os aparentes intentos do presidente ruso, Vladimir Putin, de "tentar atrasar" un potencial acordo. O que considera que queda claro, "lonxe de toda dúbida", é que Ucraína quere a paz.
"A miña mensaxe é clara: antes ou despois, Putin terá que sentar á mesa", manifestou.
Ata entón, subliñou, os países aliados de Kíiv deben manter a axuda política e militar a Ucraína e aplicar sancións coas que debilitar a "maquinaria de guerra" do Kremlin.
Starmer, que avogou por unha estratexia de "máxima presión" sobre Rusia, confirmou que entre os temas tratados este sábado está a posible utilización dos activos rusos que quedaron conxelados precisamente polas sancións, un aspecto "complicado" como el mesmo recoñeceu.
Medra a coalición
O premier británico subliñou que a coalición medra conforme pasan os días e xa é "maior que hai dúas semanas", cando se celebrou en Londres unha primeira reunión, nese caso presencial.
Fóra do ámbito europeo, O Canadá, Austria e Nova Zelandia sumáronse a unha alianza pola que tamén se interesou O Xapón.

Paz "xusta e duradeira"
Na rede social X, Pedro Sánchez, asegurou que os líderes aliados continúan traballando para alcanzar unha paz xusta e duradeira en Ucraína. O presidente do Goberno interveu dende a sala da célula interministerial de crise do Pazo da Moncloa, segundo informan fontes oficiais.
Esta mañana he participado en una nueva reunión de líderes convocada por el primer ministro @Keir_Starmer.
— Pedro Sánchez (@sanchezcastejon) March 15, 2025
Seguimos trabajando para alcanzar una paz justa y duradera en Ucrania. pic.twitter.com/CD6vPV3hQo