Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez esixe reabrir o estreito de Ormuz e preservar "todos os xacementos enerxéticos" en Oriente Próximo

Sánchez esixe reabrir o estreito de Ormuz e preservar "todos os xacementos enerxéticos" en Oriente Próximo

Advirte que "unha maior escalada" podería "desencadear unha crise enerxética a longo prazo para toda a humanidade"   

Pedro Sánchez, durante a súa comparecencia deste venres. EFE/Javier Lizón Pedro Sánchez, durante a súa comparecencia deste venres. EFE/Javier Lizón
G24.gal 22/03/2026 18:34

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, esixiu este domingo a apertura do estreito de Ormuz e "a preservación de todos os xacementos enerxéticos" de Oriente Próximo ante a guerra que manteñen Irán e Estados Unidos e Israel desde o pasado 28 de febreiro.

Nunha mensaxe en 'X', Sánchez afirmou que "nos atopamos nun punto de inflexión global" e advertiu de que "unha maior escalada" podería "desencadear unha crise enerxética a longo prazo para toda a humanidade". 

"O mundo non debería pagar as consecuencias desta guerra", agregou.

O pasado venres, Sánchez anunciou un plan con medidas, que entraron en vigor este domingo,  para paliar o impacto económico da guerra en Irán e que mobilizarán 5.000 millóns de euros. Durante a súa comparecencia, Sánchez xa alertou de que o conflito estaba a provocar as primeiras réplicas dun terremoto económico de escala global, como no prezo dos combustibles.

O pasado xoves o Consello Europeo deu o seu visto e prace á disposición dalgúns Estados membro da UE para contribuír nos esforzos para desbloquear o estreito de Ormuz e garantir a liberdade de navegación unha vez que "se dean as condicións".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade