Publicador de contidos

Publicador de contidos

Salmón para todos os gustos na festa deste peixe na Estrada

Salmón para todos os gustos na festa deste peixe na Estrada

A Festa do Salmón da Estrada é unha das citas gastronómicas da primavera en Galicia

Na degustación popular servíronse máis de cinco mil racións deste peixe en preparacións para todos os gustos

G24.gal 18/05/2025 19:00 Última actualización 18/05/2025 20:10

A festa do salmón da Estrada superou este ano o medio século. Este domingo celebrouse o día grande cunha degustación popular na que veciños e visitantes puideron probar este peixe ata en 24 elaboracións diferentes.

"En principio collemos cinco, a ver que tal se leva. Se paga a pena, haberá que coller máis".

"O salpicón está moi bo e o salmón está feitiño así como nos gusta. Perfecto".

"A ensaladilla, que é a última que estou probando, gústame moito".

"Sushi de salmón, está moi rico".

Unha ducia de restaurantes cociñaron máis de cinco mil racións, para despachar a un prezo de 4 €.

"Nós traemos unha empanada, que é a nosa especialidade, de salmón. E este ano, como novidade, traemos uns canapés con salmón afumado. Un tándem doce-salgado", di unha das cociñeiras.

"Salmón ao conde de Ximonde, que é en escabeche, temos pastel de salmón e tartar de salmón", explica outra restauradora.

"Aquí hai un nivel espectacular".

Tiñan previsto rematar a festa contra a noitiña, coa actuación da orquestra París de Noia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade