Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sabes evitar o efecto submarino? Consellos para conducir no verán que poden salvarnos a vida

Sabes evitar o efecto submarino? Consellos para conducir no verán que poden salvarnos a vida

O que levamos calzado, vestido e mesmo a nosa postura dentro do coche poden custarnos lesións irreversibles

G24.gal 29/06/2023 19:27 Última actualización 29/06/2023 19:38

Está probado que os condutores se distraen con máis facilidade no tempo de lecer, de praia e festas e os traxectos curtos vólvense máis perigosos.

Por iso, con calor, é importante ir cómodos ao volante, con roupa e calzado que nos faciliten a condución e eviten as distracións. Case a metade dos accidentes débense a distraccións ao volante.

Nos días de calor é importante conducir cómodos cunha temperatura entre os 18 e os 23 graos no vehículo. Así, evitaremos abrir as ventás, non aconsellable por ruído, eficiencia enerxética e insectos, e estaremos de mellor humor.

"Levar temperatura elevada vai provocar máis agresividade aos mandos do vehículo e somnolencia. Tamén eludiremos a tentación de espirnos máis do recomendable", di Suso Vilariño, director da Autoescola Santa Eulalia.

O cinto que vai en contacto directo coa pel no caso de accidente pode ser abrasivo. Debe ir sempre ben axustado e cunha peza de roupa. É máis fácil sufrir o efecto submarino porque o cinto non se axuste ben e eu esvare por baixo.

Espimos os corpos ao sol, incluídos os pés con calzado como as chanclas, desconselladas pero non prohibidas para conducir.

Un respaldo moi inclinado, cousas non axeitadas no asento como a toalla ao volver da praia, todo iso favorece o efecto subamarino.

E para os pasaxeiros que adoiten levar os pés no cadro de mandos, é importante que saiban que se sufrimos un accidente e o coxín de seguridade se dispara, imos sufrir unha lesión moi grave e irreversible nas cadeiras.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade