Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sabalenka remonta contra Ribakina e alza o Aberto de Australia

Sabalenka remonta contra Ribakina e alza o Aberto de Australia

Foto: EFE
G24.gal 28/01/2023 22:56

Arina Sabalenka tivo que remontarlle un set a Ribakina para lograr a vitoria na final do Aberto de Australia.

A tenista kazakha, Elena Ribakina gañou o primeiro set por 6 a 4 e a bielorrusa Sabalenka fixo o propio no segundo superando a súa rival por 6 a 3. No terceiro houbo moitísima igualdade, pero caeu do lado da tenista de Minsk por 6 a 4. Ribakina chegou a salvar tres pelotas de partido. 

Con este triunfo, Sabalenka ascende ao segudo posto do ránking mundial por detrás de Iga Swiatek.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade