Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jessica Bouzas queda ás portas das semifinais en Montreal

Jessica Bouzas queda ás portas das semifinais en Montreal

A vilagarciá caeu nos seus primeiros cuartos dun WTA 1.000 ante a canadense Victoria Mboko por 6-4, 6-2

Malia a derrota, subirá 8 postos na clasificación e colocarase como a número 43 do mundo

G24.gal 05/08/2025 04:10

A tenista vilagarciá Jessica Bouzas non puido chegar ás semifinais do WTA 1.000 de Montreal despois de perder en cuartos de final diante da canadense Victoria Mboko por 6-4 e 6-2 en unha hora e 18 minutos. Bouzas, número 51 do mundo e que subirá ao 43 despois deste torneo, brillara cun tenis moi agresivo ata asinar os primeiros cuartos de final nun campionato desta entidade. Pero cedeu diante dunha Mboko que, con 18 anos, pide paso na elite do tenis mundial. De feito, viña de derrotar á número dous do mundo Coco Gauff por un contundente 6-1 e 6-4. 

As dúas tenistas saíron á pista con confianza e potencia arriscando desde o principio diante da grande ocasión de chegar ás semifinais. As dúas tenistas mantiveron o servizo ata o 4-3 do cando Mboko firmou o break. Bouzas respondeu dun xeito contundente e conseguiu meterse outra vez no partido cun gran xogo ao resto (5-4), pero Mboko volveu aproveitar outra posibilidade no décimo xogo para facerse co primeiro set por 6-4. 

O segundo set tamén comezou igualado (2-2). No quinto xogo os problemas co saque empezáronse a acumular para unha Bouzas Maneiro que cometeu varias dobres faltas que lle deixaron o punto en bandexa á súa rival. Acabou perdendo catro xogos seguidos para cerrar unha participación máis que meritoria en Montreal. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade