Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jessica Bouzas derrota a mítica Venus Williams na estrea en Cincinnati

Jessica Bouzas derrota a mítica Venus Williams na estrea en Cincinnati

A vilagarciá impúxose cun dobre 6-4

G24.gal 07/08/2025 22:49

A tenista vilagarciá Jessica Bouzas segue a demostrar o seu bo momento de forma. Despois de pisar os cuartos de final en Montreal comezou con triunfo na primeira rolda doutro Másters 1.000, o de Cincinnati. 

Tocáballe diante da mítica Venus Williams (45 anos), unha das lendas do tenis recente xunto á súa irmá Serena. A entidade da rival non fixo que Bouzas se amilanase e saíu buscar o partido. As dúas xogadoras estiveron imprecisas co seu saque e racharon o servizo ata en 10 ocasións. 

No primeiro set Jessica Bouzas conseguiu unha vantaxe que aguantou co seu servizo e acabou levando a manga por 6-4. No segundo tivo máis dificultades. Chegou a ir 4-3 abaixo pero conseguiu estar segura co seu saque no intre decisivo. Unha rotura do servizo de Venus no undécimo xogo (5-4) completou o triunfo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade