Jessica Bouzas enfrontarase a Sabalenka nos oitavos de final de Cincinnati
Terceira vitoria consecutiva da vilagarciá que derrotou a Townsend por 6-4, 6-1
A número un do mundo pasou moitos problemas para gañarlle a Raducanu
A vilagarciá Jessica Bouzas continúa imparable na xira americana. Despois do éxito en Montreal onde chegou a cuartos de final agora busca repetir éxito en Cincinnati onde está a xogar un gran tenis. Derrotou a Taylor Townsend por 6-4, 6-1.
O primeiro set foi o igualado e non se decidiu ata o undécimo xogo cando, con 4-4, Bouzas Maneiro rompeu o servizo da súa rival. Despois sufriu para manter o seu servizo pero conseguiu facerse coa manga inicial.
Eses dous xogos resultaron determinantes para a sorte do partido. No segundo set a súa rival, Townsend, estivo moito máis precipitada e aproveitouno Jessica Bouzas para ir sumando xogos ata lograr o 6-1 definitivo.
Bouzas chega a oitavos de final doutro Másters 1.000 e está a unha rolda de igualar o seu mellor resultado histórico nun torneo desta importancia pero nesa rolda terá a rival máis difícil do circuíto, a bielorrusa Aryna Sabalenka. A número un do mundo pasou moitos apuros para derrotar a Raducanu en tres sets nun partido que se foi por riba das tres horas de duración (7-6, 4-6, 7-6).