Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vekic, primeiro escollo de Jéssica Bouzas no US Open antes de cruzarse con Coco Gauff

Vekic, primeiro escollo de Jéssica Bouzas no US Open antes de cruzarse con Coco Gauff

Jéssica chega a Flushing Meadows cunha boa bagaxe as últimas semanas en pista dura

G24.gal 22/08/2025 10:53 Última actualización 22/08/2025 11:01

Jéssica Bouzas xogará contra a croata Donna Vekic en primeira rolda do US Open, cuxo cadro final de individuais arrinca o domingo en Nova York. A vilagarciá caeu na parte do cadro onde a máxima favorita é a norteamericana Coco Gauff, que sería a súa hipotética rival en segunda rolda se a gañadora do torneo en 2023 e vixente campioa de Roland Garros gaña no seu primeiro encontro á tamén croata Ajla Tomljanović.

Pero antes de pensar nun posible enfrontamento por primeira vez ante Gauff, na central de Flushing Meadows, Jéssica porá os seus cinco sentidos na experimentada Vekic, de 29 anos e que é a actual 49 do mundo e chegou a ser a número 17. A croata, semifinalista en Wimbledon o pasado ano, será un duro escollo en primeira rolda.

Medíronse ambas en Tenerife hai catro anos, con vitoria clara para Vecik por 6-0 e 6-2. Desde entón a arousá evolucionou moito e aos seus 22 anos ocupa o posto 40 da clasificación mundial, a mellor clasificación da súa carreira, e está entre as dez mellores do mundo menores de 23 anos.

Jéssica chega a Nova York cunha boa bagaxe as últimas semanas en pista dura. O ano pasado caeu en terceira rolda do US Open no Arthur Ashe Stadium ante a subcampioa do torneo, Jéssica Pegula.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade