Publicador de contidos

Publicador de contidos

Bouzas cae en Cincinnati diante de Sabalenka, número un do mundo

Bouzas cae en Cincinnati diante de Sabalenka, número un do mundo

A bielorrusa impúxose por 6-1 e 7-5 e pasa aos cuartos de final

Jéssica Bouzas chega ao posto 40 do ránking mundial, a súa mellor clasificación histórica

G24.gal 14/08/2025 07:14

A vilagarciá Jéssica Bouzas caeu na terceira rolda do WTA 1.000 de Cincinnati diante da número un do mundo, a bielorrusa Aryna Sabalenka por 6-1 e 7-5. Bouzas, que está xogando o mellor tenis da súa carreira principal, chocou na pista central cun portento do tenis que gañou o partido en 1 horas e 21 minutos. 

Era a segunda vez que xogaban despois da vitoria de Sabalenka no Aberto de Australia. No primeiro set a bielorrusa saíu por todas e colocouse cun 4-0. Acabou gañando Sabalenka en 27 minutos sen deixarlle facer ningún xogo co seu servizo á galega. 

Cambiou o conto na segunda manga. Parecía encamiñado por Sabalenka cun 4-2 pero reaccionou Bouzas e fixo tres xogos seguidos que lle deron a oportunidade de levar o set ao resto. Sabalenka sufriu co seu saque pero igualou o set (5-5) e no seguinte xogo rompeu o servizo da vilagarciá. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade