Jéssica Bouzas enfróntase a Venus Williams na primeira rolda do WTA 1000 de Cincinnati
Venus Williams conta con sete Grand Slams e disputa esta competición por invitación tras un tempo afastada do tenis

Tras quedar ás portas das semifinais en Montreal, a tenista de Vilagarcía Jéssica Bouzas xa se atopa inmersa no seu seguinte reto: o WTA 1000 de Cincinnati. Na primeira rolda do torneo, Bouzas terá un duelo de alto nivel fronte a unha das grandes referentes do tenis mundial: Venus Williams, gañadora de sete Grand Slams.
A veterana estadounidense participa nesta competición por invitación, logo dun tempo afastada das pistas, e será a primeira rival da galega en Cincinnati. Este será un choque xeracional con grande atractivo mediático: os 45 anos de Venus Williams fronte aos 22 de Jéssica Bouzas, unha das grandes promesas do tenis español.
O encontro está programado para as 19:20 horas deste xoves. En caso de que Bouzas consiga a vitoria, medirase na segunda rolda con Leylah Fernandez, a nova promesa canadense.