Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ruídos, lixo e abandono: os problemas derivados do ocio nocturno en Ourense

Ruídos, lixo e abandono: os problemas derivados do ocio nocturno en Ourense

A asociación O Cimborrio difunde vídeos sobre o gasto en limpeza que xera o ocio nocturno

O buraco polo que caeu un mozo na noite de Reis xa foi tapiado

G24.gal 10/01/2022 14:52

O que pasou a noite de Reis nun edificio ruinoso da rúa Pizarro de Ourense, que obrigou a trasladar ao hospital un mozo con múltiples magoaduras, xa fora advertido polos veciños. En agosto de 2020, un dos habitantes desta rúa presentou un escrito no rexistro municipal.

"Contestoume a Policía Local que o puña en mans de Urbanismo, pero non pasou nada máis. Este buraco seguía aberto desde que denunciei ata que o tapiaron hai uns días", explica.

O edificio está no medio dunha rúa repleta de pubs, algún precintado temporalmente polas queixas dos veciños, que aseguran que se incumpre sistematicamente a normativa de ruídos. 

"Non respectan as normas. Se polo menos pechasen as portas, pero non respectan nada. E a xente queda aquí ata as 6-7 da mañá e a policía non fai nada", asegura un veciño. "Levo aquí tres meses e non quero vivir máis porque hai 8 discotecas. Para min, vivir así é imposible, non podo", engade outra.

Lixo

E cando se dispersa a xente, queda tal cantidade de lixo que deriva nun problema engadido: a limpeza. Cómpren, din os veciños, 145.000 litros de auga ao día e ata dúas horas de traballo para que a rúa amenza limpa de novo.

"Os camións cando veñen marcha atrás fan moito ruído. Descargando os colectores. Os sopradores que empregan para xuntar a merda... Despois de toda unha noite de música, berros... ata as 4:30 da mañá, media hora despois veñen os servizos de limpeza e botan ata dúas horas...", explica un veciño afectado.

Un ruído que case duplica, segundo a asociación O Cimborrio, o máximo permitido a esas horas na rúa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade