Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda reclama un pacto pola lingua co maior consenso e sen imposicións

Rueda reclama un pacto pola lingua co maior consenso e sen imposicións

No acto institucional do Día das Letras Galegas, salientou o papel das cantareiras na conservación da cultura e da lingua galegas

 

G24.gal 17/05/2025 14:34

A música tradicional e as cantareiras foron as protagonistas do acto institucional do 17 de maio. O Presidente da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, destacou o seu papel na preservación da cultura e da lingua propia.

"Dedicamos o día das letras ao cancioneiro popular e á poesía oral por ser son un fenómeno senlleiro da nosa cultura e tamén facemos unha homenaxe ás cantareiras que ao longo dos séculos as crearon e  transmitiron como un valiosísimo patrimonio".

Felisa Segade, integrante do grupo Leilía, dixo que as pandeireteiras de Mens e, en xeral, todas as cantareiras galegas permitiron manter viva a nosa cultura.

"Elas representan as nosas avoas, bisavoas, tataravoas, miles de mulleres galegas que durante xeracións foron quen de conservar a nosa cultura e  nosa fala".

O Presidente da Xunta dixo que as homenaxeadas son fieis expoñentes da cultura popular. Ademais, Alfonso Rueda propuxo un gran pacto pola lingua, deixando fóra "as liñas vermellas".

"Un pacto pola lingua, un acordo global, integrador que teña a maior das bases sociais posibles para afastar o idioma galego do debate político. Do Debate político que non achega nada, do debate partidista que leva a usar a linga na confrontación diaria".

O himno galego pechou a homenaxe que se celebrou na contorna das Torres de Mens, en Malpica de Bergantiños.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos