Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Xunta abre á participación cidadá o proceso de renovación do Plan de Normalización da Lingua

A Xunta abre á participación cidadá o proceso de renovación do Plan de Normalización da Lingua

Habilitarase unha caixa virtual no Portal da Lingua a partir deste martes para recoller as achegas

EFE. Xoán Rey
G24.gal 21/07/2025 19:17 Última actualización 21/07/2025 19:30

A Xunta abre á cidadanía o proceso de actualización do Plan de Normalización da Lingua.  A partir deste martes no Portal da Lingua estará habilitada unha caixa virtual para recoller as achegas dos que queiran participar.

O proceso de renovación do Plan de Normalización da Lingua entra nunha segunda fase despois de que na reunión desta tarde os 11 grupos de traballo lle presentaran ao coordinador, o académico Manuel González, a documentación obtida tras case 250 contactos.

"Iniciamos unha segunda parte que é un proceso de participación pública. Imos abrir unha canle de comunicación para que todos os que queiran participar, de xeito individual ou colectiva, na actualización deste importante documento que é o Plan Xeral de Normalización da Lingua, poidan facelo a través da páxina web da Consellería de Cultura, lingua.gal" dixo Xosé López Campos, conselleiro de Cultura.

A previsión é que este proceso de participación cidadá estea aberto ata finais de outubro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos