Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda ofrécelles colaboración aos colexios médicos ante os "retos" da sanidade

Rueda ofrécelles colaboración aos colexios médicos ante os "retos" da sanidade

O presidente da Xunta volveu recoñecer o traballo dos profesionais da sanidade na pandemia

G24.gal 18/06/2022 15:31 Última actualización 18/06/2022 15:42

O presidente da Xunta volveu recoñecer este sábado o labor dos profesionais da sanidade nesta pandemia. Fíxoo nun encontro do Colexio de Médicos da Coruña, que premiaron a Arturo Louro, médico de primaria, que se puxo, xa xubilado, a disposición dos pacientes nos momentos máis duros da covid.

Alfonso Rueda tendeu a man do Goberno galego para afrontar os retos "que a sanidade necesita e para ofrecerlles aos cidadáns a atención que merecen".

Asistiu na Coruña á XIV edición do encontro do Colexio Oficial de Médicos da Coruña, canda o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña e outras autoridades. Pediulles o seu apoio nas "actuacións emprendidas para optimizar e mellorar os recursos, sobre todo na atención primeira, que pasan -dixo- fundamentalmente por poder contratar máis médicos".

Asegurou que "non é un problema de cartos" e reiterou o seu pedimento ao Goberno dunha convocatoria extraordinaria de prazas MIR e a creación da especialidade de urxencias e emerxencias.

Tamén avanzou que a Xunta vai renovar o convenio para que os médicos xubilados poidan seguir mantendo o seu acceso aos talóns de receitas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade