Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda ofrece aos concellos unha "alianza" para mellorar a calidade das augas

Rueda ofrece aos concellos unha "alianza" para mellorar a calidade das augas

 Rueda explicou que a nova lei da auga que está en trámite parlamentario ten como obxectivo ofrecerlles apoio técnico e económico aos municipios

G24.gal 30/05/2022 14:09

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anima os concellos a colaboraren coa Xunta para profesionalizar a xestión da auga.  Nunha visita a Padrón, Rueda explicou que a nova lei da auga que está en trámite parlamentario ten como obxectivo ofrecerlles apoio técnico e económico aos municipios para mellorar a xestión e a calidade da auga.

"Levamos investidos nos últimos anos 1.100 millóns de euros na xestión dos recursos hidráulicos e haberá que seguir investindo. Por iso, ese ofrecemento para que voluntariamente os concellos se adhiran e fagan esa alianza coa Xunta para que poidamos formar os seus técnicos ou asumir a xestión dos seus recursos hidráulicos e poder cofinancialos. Creo que é algo fundamental", afirmou o presidente. 

A Xunta e o concello de Padrón están confinanciando a ampliación da rede de saneamento municipal. Están investindo un millón de euros na construción dunha tubaxe que derive as verteduras no río Ulla cara á depuradora do municipio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade