Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda garante o apoio da Xunta ao turismo de calidade

Rueda garante o apoio da Xunta ao turismo de calidade

O presidente visitou o restaurante Pepe Vieira, recoñecido con dúas estrelas Michelin

G24.gal 03/12/2022 14:40 Última actualización 03/12/2022 15:19

A Xunta vai destinar 30 millóns de euros para actuacións no sector da gastronomía nos próximos tres anos. Anunciouno o presidente Alfonso Rueda nunha visita este sábado ao restaurante Pepe Vieira, en Poio, que hai uns días conseguía a súa segunda estrela Michelin.

En Pepe Vieira non paran estes días de anotar reservas, como acontece sempre tras coñecerse a listaxe dos restaurantes incluídos na guía Michelin. Pero por veteranía xa saben que a segunda estrela significa para eles dar un paso máis.

"Ábrenos a oportunidade de chegar a unha clientela estranxeira, que é distinta, grazas á guía", di Xosé Cannas, chef do restaurante.

Unha clientela, explica Alfonso Rueda, de elevado poder adquisitivo que cada vez se fixa máis en Galicia como destino turístico e que axuda a conseguir a cifra récord de seis millóns de visitantes xa rexistrados este ano.

O presidente compromete o apoio da Xunta para seguir fortalecemento a alianza da gastronomía co turismo de calidade.

"Trinta millóns de euros é o que imos investir no campo da enogastronomía a partir do vindeiro ano e ata o 2026", afirmou Rueda.

Calidade que Pepe Vieira leva tamén fóra das cociñas. O seu próximo proxecto é un hotel de 14 cuartos ao carón do restaurante e integrado na natureza, que estreará nos próximos meses.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos