Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda enviará unha carta a Transportes preguntando polo atraso dos trens AVRIL

Rueda enviará unha carta a Transportes preguntando polo atraso dos trens AVRIL

O presidente da Xunta insistiu en que o seu Executivo non tivo ningunha noticia "nin a favor nin en contra" da chegada dos trens a pesar de que "mañá empeza o prazo comprometido"

G24.gal 30/06/2022 16:24

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou este xoves que enviará unha carta á ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, preguntando pola chegada dos trens Avril, prevista para xullo.

"Hoxe mesmo mandareille unha carta á ministra", anunciou o dirixente do Goberno galego, que lembrou que os trens AVRIL foron prometidos para xullo e que ese mes "empeza mañá", mentres se segue sen "noticias".

O presidente da Xunta insistiu en que o seu Executivo non tivo ningunha noticia "nin a favor nin en contra" da chegada dos trens a pesar de que "mañá empeza o prazo comprometido" sen que se saiba "absolutamente nada".

Neste sentido, Rueda pediu "certezas" e lamentou o desinterese do Goberno por Galicia ao non cumprir os prazos acordados a pesar de estar "en pleno ano Xacobeo, cunha afluencia enorme de persoas de fóra".

Así mesmo, lembrou que esta é unha das cuestións que lle gustaría abordar co presidente do Goberno, Pedro Sánchez, a quen solicitou audiencia fai "cincuenta días", pero sen obter resposta.

"Non é que non se producise a reunión, é que non tivemos nin contestación", advertiu Rueda, que ve nesta actuación unha mostra de "pouco respecto institucional" e do "pouco interese polas necesidades de Galicia" por parte de Pedro Sánchez.

Fronte a iso, o presidente galego puxo en valor a "deferencia cara a Galicia" do rei Filipe VI, que este venres o recibirá no Palacio da Zarzuela. Deste xeito, agradeceu á Casa Real esa "mostra de respecto institucional" e "de interese por Galicia". 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos