Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda comparecerá no Parlamento para abordar o tema da crise dos incendios

Rueda comparecerá no Parlamento para abordar o tema da crise dos incendios

A comparecencia será no pleno do 9 de setembro, o primeiro da novo período de sesións

Alfonso Rueda no Parlamento nunha foto de arquivo (Xunta) Alfonso Rueda no Parlamento nunha foto de arquivo (Xunta)
G24.gal 26/08/2025 18:17

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, prevé comparecer no primeiro pleno ordinario do novo período de sesións para abordar a xestión da crise dos incendios que deixan xa o verán máis negro do século en Galicia no que respecta a superficie calcinada.

Fontes do Goberno autonómico anticiparon que a previsión do mandatario galego é comparecer o martes 9 no pleno que terá lugar no Pazo do Hórreo.

"Na liña de transparencia, presenza e de liderar a resposta á crise desde o primeiro minuto, o presidente da Xunta comparecerá a petición propia no Parlamento para falar de prevención e extinción de incendios, da resposta, das axudas e das medidas futuras", trasladaron as fontes.

Por outro lado, o portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos, dou a entender que Rueda daría explicacións ao augurar que non se escondería.

Tanto o BNG como o PSdeG pediran que o líder do PPdeG dese explicacións na Cámara. O martes desactivouse a situación 2 de alerta provincial co avance no control dos lumes en Ourense.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade