Carzoá protéxese dos incendios cinco anos despois
As tarefas de limpeza das leiras dos veciños foron cruciais
Aínda así, moitos cren que deberían aumentar as medidas de seguridade
O concello de Cualedro volve ser vítima dos incendios cinco anos despois. Xa sufrira danos no 2020, onde un dos concellos afectados foi o de Carzoá.
A diferenza de hai cinco anos, en Carzoá os incendios non traspasaron a liña de seguridade establecida para a aldea. Isto débese ás tarefas de limpeza das leiras que realizan os veciños.
Segundo eles, todos tratan de ter as súas leiras limpas e rozadas para evitar que o lume teña con que propagarse. Poñen especial atención ás leiras e terreos que limitan a aldea.
Carzoá leva sendo unha aldea modelo dende o 2022. No seu caso a gandería é o sector más aproveitado, pois os terreos abandonados de alta capacidade produtiva arréndanse aos propietarios para explotalos de maneira sostible.
Estes veciños aínda recordan os incendios de 2020, onde varias casas arderon por completo. Como este ano se queimou máis superficie, os veciños cren que deberían aumentar as medidas de seguridade.
"Se non fose polas vacas, eu creo que iso estaría todo pastado", afirmou un veciño.
Unha vintena de vacas van rotando de parcela en parcela limpando a meirande parte dos prados da contorna da vila. Moitos veciños seguen opinando que fan falta máis animais nas zonas de alto risco de incendios coma esta.