Detido un home de Ribadeo acusado de tráfico de drogas
A Garda Civil detívoo tras unha investigación de varios meses
Na vivenda atoparon unhas 200 doses diferentes de estupefacientes

A Garda Civil detivo a un veciño de Ribadeo como presunto autor dun delito de tráfico de drogas.
A bautizada como operación 'Upmann' púxose en marcha en maio, logo de que os axentes tivesen indicios de que nun inmoble do centro urbano se vendían substancias estupefacientes.
Por semanas, os investigadores viron como moitos consumidores accedían ao portal da vivenda e abandonaban o lugar minutos despois.
En ocasións, o sospeitoso saía á rúa antes para asegurar que non había presenza policial na zona, o que reforzou as sospeitas dos axentes.
Tras meses de vixilancia, a Garda Civil identificou a varios compradores e incautaron parte das drogas que acababan de adquirir. Cando entraron na vivenda grazas ás probas, atoparon no interior 22 doses de haxix, 14 de marihuana, 156 de cocaína e 3 de heroína.
Tamén localizaron no domicilio un revólver, un rifle de aire comprimido, unha báscula de precisión, 1.505 euros en efectivo e varios obxectos que presuntamente se utilizaban como moeda de cambio por drogas.
O detido e o material incautado fi posto ao dispor do Xulgado de Instrución número 1 de Mondoñedo.