A Policía Nacional abre dúas operacións antidroga en Monforte e Carballo con varios detidos
A gran despregadura en Monforte, que incluíu cans adestrados na detección de narcóticos, sorprendeu os veciños da vila
Entre os arrestados en Carballo hai varios cidadáns colombianos

A Policía Nacional abriu esta madrugada un operativo antidroga en Monforte, centrado na contorna da rúa Duquesa de Alba, coa depregradura de numerosos efectivos e vehículos, e a participación de cans adestrados para a detección de estupefacientes.
Ata o momento transcendeu que se realizaron catro rexistros, entre eles nun local de ocio nocturno, e que hai varios detidos.
Detidos en Carballo
En Carballo, a Policía Nacional, en colaboración con Vixilancia Aduaneira, realizou catro detencións nunha operación antidroga que permanece aberta.
Segundo explican fontes próximas á investigación, neste operativo incautouse droga durante este martes, sen concretar nin o tipo nin a cantidade. O caso está baixo segredo de actuacións, e dirixida polo Tribunal de Instancia número 2 de Carballo.
Durante a madrugada deste martes, axentes realizaron a entrada en pisos nas rúas Río Eume e Río Anllóns. Entre os detidos atópanse cidadáns de nacionalidade colombiana, e non está previsto que pasen hoxe a disposición xudicial.