Publicador de contidos

Publicador de contidos

Presentan o primeiro colexio galego que se construirá seguindo a arquitectura pedagóxica

Presentan o primeiro colexio galego que se construirá seguindo a arquitectura pedagóxica

Nos colexios galegos do futuro haberá máis espazos abertos para a socialización e o ensino será totalmente dixital

Educación incorporará 100 profesores de apoio noutros tantos colexios

G24.gal 07/02/2023 14:36 Última actualización 07/02/2023 21:10

Nos próximos días vanse incorporar aos colexios públicos galegos cen profesores de apoio para atender os alumnos con necesidades especiais.

Anunciouno en Ames o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na presentación do primeiro colexio de Galicia que se construirá seguindo os principios da arquitectura pedagóxica. 

Nos colexios galegos do futuro as paredes moveranse para adaptar as aulas ás necesidades de cada momento, haberá máis espazos abertos para a socialización e o ensino será totalmente dixital.

O primeiro que se constrúe desde cero baseado nesa arquitectura pedagóxica estará no Milladoiro, núcleo urbano do concello de Ames, que é dos poucos en que cada ano aumenta a poboación.

O presidente Alfonso Rueda di que para conseguir unha educación máis inclusiva a Xunta seguirá reforzando tamén o profesorado.

"O 93 % do alumnado con necesidades especiais está en unidades escolares co resto dos alumnos, isto é un 10 % máis ca a media estatal, e agora hai que reforzalo. Imos facelo co Programa Acompaña, que vai empezar xa e vai incorporar cen docentes a outros tantos centros escolares, cun investimento de 2 millóns de euros, para que reforcen eses equipo e poidamos seguir tendo un ensino con edificios modernos pero tamén inclusivo", dixo Rueda.

No novo colexio de infantil e primaria do Milladoiro a Xunta investirá case dez millóns de euros. Está previsto que as obras comecen antes de que acabe este ano e que se alonguen 18 meses.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade