Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda anuncia 15 millóns de euros en axudas para as empresas do mar

Rueda anuncia 15 millóns de euros en axudas para as empresas do mar

Os apoios serán para paliar os efectos da guerra na frota artesanal, acuicultura e transformadoras

G24.gal 06/06/2023 17:09 Última actualización 06/06/2023 17:44

A Xunta vai convocar proximamente 15 millóns de euros en axudas para paliar os efectos da guerra de Ucraína en empresas do mar. Anunciouno o presidente Alfonso Rueda nunha visita á planta que ten a pesqueira Profand en Vilargarcía. 

Con sede en Vigo, Profand, que ten como principal cliente a Mercadona, dedícase á pesca, acuicultura, e transformación de peixe, cefalópodos e crustáceos en Europa, Estados Unidos, Asia, América do Sur e África.

No 2022 conseguiu a cifra récord de facturación de 929 millóns de euros e investiu 37 en reforzar a súa capacidade industrial, 21 deles na planta de Vilagarcía.

Alfonso Rueda lembrou que a cadea mar-industria xa representa o 5% do PIB galego e comprometeu o apoio da Xunta que as empresas manteñan o seu liderado no sector.

O presidente destacou os máis de 135 millóns de euros de fondos europeos destinados ao sector transformador e a nova liña de axudas que van convocar proximamente para paliar os efectos da guerra de Ucraína nestas industrias.

A Xunta vai dedicar case 15 millóns de euros a estes apoios para a frota artesanal, a acuicultura e as empresas transformadoras dos produtos do mar. Rueda volveulle a reclamar ao Goberno central que rebaixe o IVE de peixe e conservas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade