Publicador de contidos

Publicador de contidos

A pesqueira galega Profand supera os 1.100 millóns de facturación e aposta por proxectos estratéxicos

A pesqueira galega Profand supera os 1.100 millóns de facturación e aposta por proxectos estratéxicos

Supón un incremento do 10%" e consolida "a tendencia á alza"

(Profand) (Profand)
G24.gal 16/04/2026 19:02

Profand Fishing Holding pechou 2025 confirmando a súa traxectoria de crecemento sostido e reforzando o seu liderado no sector pesqueiro global, informa a compañía galega.

Nun comunicado, sinala que superou os resultados do exercicio anterior, alcanzando unha cifra de negocio de 1.116 millóns de euros, "o que supón un incremento do 10%" e con consolidación de "a tendencia á alza".

"Este avance, motivado pola súa relación con Mercadona, vén acompañado dunha mellora significativa na rendibilidade operativa do grupo". "O EBITDA sitúase por encima de 97 millóns de euros, un 27% máis que en 2024, impulsado por unha combinación de maior eficiencia operativa, optimización de custos e o dinamismo da súa actividade comercial, alcanzando un beneficio de 30 millóns de euros", engade.

En paralelo, Profand continúa apostando polo desenvolvemento a longo prazo mediante novos investimentos. Durante o exercicio, a compañía destinou 23 millóns de euros a reforzar a súa capacidade produtiva, mellorar a súa eficiencia, adaptarse á demanda e impulsar proxectos estratéxicos en distintas áreas do negocio.

Durante 2025, Profand incorporou 230 novos profesionais, elevando o seu persoal global ata as 5.800 persoas. Delas, 3.000 son homes e 2.800 mulleres.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade